2 prazas de CONDUTORES para a Deputación de Pontevedra ( funcionarios interinos, quenda libre)

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE DÚAS PRAZAS DE CONDUTORES VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO

BOPO luns 13 de marzo de 2017

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir interinamente, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, dúas prazas de condutores, encadradas na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, con grupo de clasificación C1, por quenda libre

SISTEMA DE SELECCIÓN  oposición libre

REQUISITOS DOS ASPIRANTES,  entre outros

. Posuír ou estar en condicións de obter o título de Bacharelato ou técnico

. Posuír todos os permisos de condución

SOLICITUDES

. unha instancia (modelo oficial)

. Fotocopia autenticada do documento nacional de identidade en vigor ou da tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de posuír a cidadanía comunitaria

. Titulación esixida para desempeñar o posto ao que opta

.  Todos os permisos de condución

. Xustificante de pago dos dereitos de exame

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). ATA O 3 DE ABRIL

 DEREITOS DE EXAME é de 25 €. En ningún caso a simple presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Están exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%

 

PROBAS SELECTIVAS:

.  PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 20 preguntas con catro respostas alternativas baseadas no contido do programa durante un período de 20 minutos. Poderán preverse preguntas adicionais de reserva que serán valoradas no caso de que se anule algunha das 20 preguntas anteriores.

. SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba práctica de condución de vehículo de transporte ou maquinaria.

. TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal. Este exercicio cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos e están exentas desta proba as persoas aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou superior, ás que se lles outorgará a cualificación máxima (2 puntos).

PROGRAMA DA CONVOCATORIA Os exercicios da fase de oposición versarán sobre os seguintes temas:

  1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois
  2. A provincia: organización e competencias
  3. Regulamento de circulación e seguridade viaria
  4. Motor: descrición e elementos fundamentais
  5. Embrague. Finalidade, tipos e aplicacións
  6. Caixa de cambios. Tipo, características e aplicacións
  7. Elementos de tracción. Tipos, características e aplicacións
  8. Suspensión. Finalidade, tipos e aplicacións
  9. Sistema hidráulico. Características e aplicacións
  10. Sistema de freo. Compoñentes, características e aplicacións
  11. Sistema eléctrico. Definición e características
  12. Seguridade e saúde no traballo

 

MAIS INFORMACION no BOPO do 13de  Marzo de 2017 que se adxunta