200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ANO 2018

CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ANO 2018

Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra BOPPO Luns, 16 de abril de 2018

Convócanse 200 bolsas de práctica laboral, relacionadas no anexo I desta convocatoria e destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, segundo os casos, e sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

REQUISITOS, entre outros:
. Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias

. Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009

. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

. Acreditar o nivel Celga IV para as bolsas de titulacións universitarias e o Celga III para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional

A DOTACIÓN ECONÓMICA DAS BOLSAS, determinada polo nivel da titulación, será de oitocentos corenta (840,00) euros ao mes para as persoas con titulación universitaria e de setecentos corenta (740,00) euros ao mes para as de ciclos superiores de formación profesional

PRESENTACION DE SOLICITUDES  e documentación solicitada ( ver punto cuarto da orde que se adxunta)

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO. ATA o 7 de MAIO

SELECCIÓN DAS PERSOAS BOLSEIRAS:

O proceso de selección desenvolverase en dúas fases: A primeira será de concurso e valoración da documentación presentada polas persoas admitidas e a segunda de realización dunha proba tipo test sobre o contido do programa.

1) Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polas persoas interesadas serán valorados conforme aos seguintes criterios e ata un máximo de 10 puntos:

2) Segunda fase: proba tipo test. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un test de 20 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás seguintes materias nun tempo máximo de 30 minutos:

1.—A Constitución española de 1978. Principios, dereitos e deberes dos españois
2.—O acto administrativo: concepto, clases e elementos; requisitos dos actos administrativos
3.—O procedemento administrativo común. Fases do procedemento
4.—A provincia. Organización e competencias
5.—O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencia

Esta proba valorarase con entre 0,00 e 2,00 puntos.

Á puntuación obtida polas persoas aspirantes na proba tipo test sumaráselle a que corresponda á valoración de méritos, e acadarase así a puntuación final.

Na páxina www.depo.es publicaranse as puntuacións outorgadas, xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada unha das titulacións convocadas, indicando as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.
As persoas seleccionadas deberán elixir, por orde de maior a menor puntuación, a entidade na que desenvolverán as prácticas entre aquelas que figuran no anexo I como destinatarias das bolsas convocadas.

As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados

VER TITULACIONS, NÚMERO DE BOLSAS E CONCELLO OU ENTIDADE NO ANEXO I(  paxinas 16 e seguintes do Boppo que se adxunta)