SELECCIÓN DE DOUS TITORES DE EMPREGO PARA O PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO “EMPREGA MOAÑA 17-18”

SELECCIÓN DE DOUS TITORES DE EMPREGO PARA O PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO “EMPREGA MOAÑA 17-18”

– RESUMO DAS BASES :

Selección de dous/dúas titores de emprego, grupo A2,  en réxime de funcionario/a interino/a, , para colaborar no desenvolvemento do programa integrado para o emprego “Emprega Moaña 17-18” cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que desenvolverá este Concello.

A duración da interinaxe extenderase dende o nomeamento e ata que a xuízo do concello deixe de ser necesaria a intervención destes/as profesionais e, en todo caso, como máximo ata que finalice o programa Emprega Moaña 17-18 o 30/11/2018.

A xornada de traballo, a tempo completo, será a habitual do Concello de Moaña.

– REQUISITOS:

Entre outros, estar en posesión de titulación universitaria de grao ou equivalente

–  SISTEMA SELECCION :

O procedemento constará de 3 fases; valoración de currículo, proba tipo tema e entrevista persoal.

 1ª FASE : VALORACIÓN DE CURRÍCULOS: 40% da puntuación. Máximo 4 puntos.

2ª FASE: PROBA TIPO TEMA: 40% da puntuación. Máximo 4 puntos.

3ª FASE: ENTREVISTA- EXAME ORAL. 20% da puntuación. Máximo 2 puntos.

 

– PRAZOS.

 Presentación de instancias: Ata o día 14 de decembro.

 Listado provisional de admitidos e excluídos e valoración currículos : Día 15 de decembro.

 Período de alegacións a este listado: día 18 de decembro

 Listado definitivo de admitidos e excluídos e valoración currículos: Día 19 de decembro ás 9:00 horas.

 Exame tipo tema e entrevista- exame oral: Día 19 de decembro ás 10:00 horas na sala de xuntas do Concello. A programación deberá entregarse neste momento por todos os aspirantes.

 Publicación de resultados provisionais: Día 19 de decembro.

 Período de alegacións: Día 20

 Publicación de resultados definitivos: Día 21 de decembro.

 

VER BASES COMPLETAS NA WEB DO CONCELLO DE MOAÑA ( en taboleiro) ou AQUÍ,  ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO