4 TITORES ORIENTADORES PROGRAMA “Depointegra Xove”. Deputación de Pontevedra

Persoas titoras orientadoras para Depointegra Xove

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento interino por execución de programas de catro titores orientadores como persoal técnico para levar a cabo o programa de carácter temporal “Depointegra xove”, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade

 REQUISITOS, entre outros:

. Os aspirantes deberán posuír a titulación de licenciatura ou grao en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Graduado Social, diplomatura en Relacións Laborais, grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ou licenciatura en Ciencias do Traballo.

. As cantidades que se aboarán en concepto de dereitos de exame  30 €. Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

. Soamente se admitirá o modelo oficial de instancia, a presentación de calquera outro será motivo de exclusión na participación do proceso.

Por razón da urxencia será necesario remitir unha copia da solicitude rexistrada á dirección de correo electrónico persoal@depo.es, ou ben por fax ao número 986 804 141 no caso de que as solicitudes se presenten nun rexistro diferente ao xeral da Deputación de Pontevedra.

 O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Publicado o 28 de novembro de 2017. Prazo ata o 8 de xaneiro de 2018

 SISTEMA SELECCIÓN :  oposición libre.

Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 50 preguntas con varias respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo de realización deste exercicio será de 50 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá nunha entrevista na que a persoa aspirante poderá expoñer o seu currículo e contestar as preguntas que lle formule o tribunal sobre este e sobre a xestión de proxectos.

O tribunal convocará as persoas que superaron o primeiro exercicio para a entrevista persoal nun único chamamento, quedando decaídas no seu dereito aquelas que non comparezan no lugar e día sinalados.

TERCEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal. Quedan exentos desta proba os aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA 4. Neste caso outorgaráselle a cualificación máxima (2 puntos).

Terceira. Programa da convocatoria

  1. A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal
  2. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e a forma. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A demora e retroactividade da eficacia
  3. O procedemento administrativo. Garantías do procedemento. Iniciación do procedemento. Ordenación do procedemento. Instrución do procedemento. Finalización do procedemento da tramitación simplificada do procedemento administrativo común. Execución
  4. Os contratos do sector público: delimitación. Os principios xerais da contratación do sector público: racionalidade, liberdade de pactos e contido mínimo, perfección e forma, a información, o réxime da invalidez e a revisión de decisións en materia de contratación
  5. Actividade subvencional das administracións públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións
  6. O programa operativo de emprego xuvenil (axudas AP-POEX). Criterios obxectivos de outorgamento da subvención. Convocatoria: contido e execución dos proxectos. Solicitudes, obrigas dos beneficiarios
  7. Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. Os convenios
  8. A Unión Europea e o seu funcionamento. Novo marco financeiro comunitario 2014-2020.Os fondos comunitarios: programas de financiación comunitaria 2014-2020.
  9. As políticas activas de Emprego na Comunidade Autónoma Galega
  10. Os colectivos con dificultades na inserción laboral. Tipoloxía

MODELO DE SOLICITUDE E MAIS INFORMACION NA WEB DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA