Selección de participantes para o “Programa Integrado de Emprego do Concello de Moaña 2019 – 2020”

Un ano máis a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención para o desenvolvemento do Programa Integrado de Emprego do Concello de Moaña 2019 – 2020. Este programa ten por obxecto mellorar a ocupabilidade e acadar a inserción laboral de alomenos o 40% dos participantes.

Poderán participar neste proxecto 100 persoas en situación de desemprego que se atopen en algún dos seguintes colectivos:

– Persoas menores de 30 anos

– Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.

– Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou Renda Activa de Inserción (RAI).

– Mulleres

O longo de 12 meses executaranse diferentes accións para acadar a finalidade proposta, entre as que se contemplan:

Accións de Información, Orientación e Asesoramento.

Intermediación laboral.

Formación adaptada aos perfís das participantes e a partir das necesidades detectadas nas empresas.

Dentro da mesma contemplase a posibilidade de  impartir os seguintes certificados de profesionalidade:

  • SSCM0108  Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (230h)
  • COMT0211 Actividades auxiliares de comercio (270h)
  • SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Personas en el Domicilio (600h)

Prácticas profesionais en empresas.

Xestión de ofertas de traballo.

Para incentivar a participación das persoas seleccionadas ofrecerase unha Bolsa de Asistencia de 5€ /día así como unha Axuda de Conciliación para compensar os gastos de gardería e ludoteca para os participantes con menores de 12 anos o seu cargo, que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

A última edición deste programa, rematada no mes de outubro, acadou o 92% de inserción das persoas participantes, en sectores como o comercio, e a industria, tanto do sector da alimentación como do automóbil.

Aquelas persoas interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego do Concello de Moaña 2019 – 2020, poden contactar co Patronato Municipal Beiramar no teléfono 986 314 200 ou enviar un correo electrónico a: integrado@patronatobeiramar.org