Reanudación PRAZOS. LISTAS CONTRATACION Temporal da XUNTA de GALICIA ( ata o 18 de Xullo 2020)

O prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,  atopabase suspendido dende o 14 de marzo polo estado de alarma ocasionada polo Covid- 19

“Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, derrogarase a disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos administrativos. Desde esa mesma data, o cómputo dos prazos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.”

Por este motivo, infórmase da reanudación con data de efectos do 1 de xuño de 2020 do prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia polo  tempo equivalente ao que permaneceu suspendido.

O persoal interesado en formar parte das listas de contratación temporal,  poderá continuar coa presentación das solicitudes de inclusión a partir  DO  1 de XUÑO  ata o 18 de XULLO do ano 2020 ambos incluídos.

Estas listas permiten prestar servizos en escolas infantís, centros de atención a persoas con discapacidade ou en residencias de maiores entre outros

A intención da Xunta é reanudar tamén a realización de probas selectivas no último trimestre do ano

Mais información

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48652/xunta-amplia-prazo-inscricion-nas-listas-emprego-temporal-para-traballar-nos?langId=gl_ES

Aquelas persoas que queiran inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do idioma galego e os demais que para cada caso estableza a correspondente resolución de apertura da lista).

Naquelas listas que se atopen pechadas só poderán inscribirse aqueles/as candidatos/as que teñan servizos prestados ou superada algunha proba do último proceso selectivo.

Os documentos que deberán presentar as  persoas interesadas son os seguintes:

  • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
  • Impreso do pago da taxa ( para o ano 2020, de 18,04 €. ver execciones totais o do 50%)
  • Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
  • Fotocopia do DNI (só no caso de que o/a solicitante non autorizase a súa consulta na solicitude de inscrición).
  • Fotocopia debidamente compulsada que acredite a titulación requirida (só no caso de que o/a solicitante non autorizase a súa consulta na solicitude de inscrición) e os demais requisitos da lista.

A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as destas solicitudes será obxecto de publicación no DOG, dándose un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións ou emendar causas de exclusión.

Unha vez revisadas as emendas publicarase a lista definitiva no DOG e os/as interesados/as terán un prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación para presentar o recurso de alzada.

Baremación de méritos

O baremo aplicable para a elaboración das listas aparece recollido no artigo 9º do decreto 37/2006, puntuándose os servizos prestados no mesmo corpo, escala, especialidade ou categoría; as probas superadas no último proceso selectivo para o mesmo corpo, escala, especialidade ou categoría da Xunta de Galicia; así como os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia. Estes méritos puntuaranse de oficio.

Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización no mes de febreiro de cada ano, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións.

Nas categorías de defensa contra incendios forestais os integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos e mancomunidades.

Unha vez revisadas as alegacións, publicarase a lista definitiva no DOG e as persoas interesadas terán un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

A puntuación por probas superadas do último proceso selectivo actualizaranse o día da publicación do acto de elección de destino do persoal de novo ingreso no DOG.