Apertura LISTAS XUNTA para contratación temporal de XEROCULTOR /A e PERSOAL de SERVIZOS XERAIS ( ata o 30 de Abril)

No do DOG do Luns 18 de marzo de 2019, publicase a resolución pola que se acorda a APERTURA DE NOVAS LISTAS para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de XEROCULTOR/A E DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

 

RESUMO:

Apertura do prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para a contratación temporal de persoal do grupo IV, categoría 43 (XEROCULTOR/A) e categoría 44 (PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS).

REQUISITOS que deberán posuír os solicitantes

  • Titulación académica:

XEROCULTOR/A: estar en posesión ou en condicións de obter o título de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ou equivalente ou técnico/a de atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente.

PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS: graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

  • Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 3 ou equivalente

 

O PRAZO para a presentación de instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e REMATARÁ O 30 DE ABRIL DE 2019

 

  • Abono de TAXAS administrativas por dereitos de inscrición: 17,60 euros. (  Ver casos exentos de pago pto 6 do DOG que se adxunta)

 

MIAS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA