Aprobados Cursos de Formación Ocupacional (AFD: Acciones Formativas para Desempregados)

O Patronato Municipal Beiramar  acaba de recibir resolución por la que se aproban os curso de Formación Ocupacional que se van a impartir neste centro.

Estos cursos,  de  Formación Profesional para o emprego , dan dereito a un certificado de profesionalidade  que  é unha acreditación oficial para poder traballar e ten  validez en todo o territorio español

. Son cursos  gratuitos e as persoas participantes teñen dereito a unha beca pola asistencia.

Podes ver os cursos aprobados abaixo en documento adxunto 

Requisitos de Acceso. Ver nivel académico
Lembrade que para facer curso de Nivel 1 non fai falta titulación.
Para o Nivel 2 ter a Eso, CmFP, FP1 , outro curso da mesma familia de nivel 1, ou as competencias clave N2 .
 Para os curso de Nivel 3 ter bacharelato, CSFP, FP2 , outro curso da mesma familia de nivel 2, ou as competencias clave deste nivel.
A preselección para os cursos a fará a oficina de emprego e tendes que anotaros con tempo. Unha vez que recibades a carta , a entidade que organiza os cursos,  fará a selección correspondente .