BASES DE SELECCIÓN ALUMNOS OE MOAÑA MOZA

O Patronato Municipal Beiramar atópase nestes momentos iniciando o procedemento de selección de alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Moaña Moza.

Lembramos que se pretenden contratar 8 alumnos traballadores para a especialidade formativa de pintura decorativa en construcción e outros 8 alumnos traballadores para a especialidade de deseño de produtos gráficos.

A preselección de persoas candidatas realizarase a través da oficina de emprego de Cangas.

Poden consultarse as bases do proceso selectivo no documento adxunto.