Bolsa de Emprego de MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS en Prácticas . Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra

BOLSA DE EMPREGO DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS EN PRÁCTICAS DENTRO DO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

No  Boletin Oficial de Pontevedra do Venres, 5 de abril de 2019, publicase a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, dunha BOLSA DE EMPREGO DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS EN PRÁCTICAS DENTRO DO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, destinadas a persoas demandantes de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e mestres composteiros.

As persoas que superen o proceso selectivo realizarán un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia e organizado pola Universidade de Vigo, cunha duración de 6 semanas (89 horas), e quen o supere pasará a formar parte, por orde de maior a menor puntuación obtida nese curso, dunha lista de agarda coa que se formará unha bolsa de emprego de mestras e mestres composteiros en prácticas con destino ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, cos que se formalizará posteriormente, segundo as necesidades do servizo e no seu caso, un contrato en prácticas a tempo completo, sempre que na data na que se proceda á súa formalización as persoas candidatas reúnan os requisitos esixidos legalmente.

 

REQUISITOS, entre outros:

Estar inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes ou en mellora de emprego

Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación profesional de grao superior:

Técnica/o Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural

Técnica/o Superior en Paisaxismo e Medio Rural

Técnica/o Superior en Laboratorio de Análises e de Control de Calidade

Técnica/o Superior en Educación e Control Ambiental

Técnica/o Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos

Técnica/o Superior en Química Ambiental

. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel CELGA IV ou superior.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO. ATA O 15 DE ABRIL

Selección das persoas que formarán parte da bolsa de emprego

O proceso de selección desenvolverase en tres fases.

  • Primeira fase. Exercicio tipo test, de carácter obrigatorio e eliminatorio
  • Segunda fase. Entrevista persoal, de carácter obrigatorio e non eliminatorio

Terceira fase. Curso de Formación de Mestra ou Mestre Composteiro, de carácter obrigatorio e eliminatorio, cunha duración de 6 semanas

 

MAIS INFORMACION NO BOPPO QUE SE ADXUNTA E NA DEPUTACION DE PONTEVEDRA