BOLSA EMPREGO ADMINISTRATIVOS/AS ( INTERINOS) CONCELLO DE VIGO

BOPPO venres, 27 de setembro de 2019

CONCELLO DE VIGO

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO, QUE PERMITA OS NOMEAMENTOS INTERINOS COMO ADMINISTRATIVOS/AS

formación de bolsa de emprego de Administrativos/as de Administración Xeral, subgrupo C1 de titulación, escala de Administración Xeral, que permita os nomeamentos interinos

REQUISITOS, entre outros:  Estar en posesión ou en condición de obter o título académico oficial de Bacharel, Formación Profesional de segundo grado ou equivalente

-SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición libre, consistindo en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, pudendo consistir en test, probas, desenvolvemento por escrito, traballos manuais, etc, segundo a natureza e función dos postos de traballo que vaian desenvolver de acordo coas bases específicas.

Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os/as aspirantes

Cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionados coas materias que integran o programa das bases específicas

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio

Desenvolverase por escrito, durante o período máximo de dúas horas e consistirá na resolución de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedimental e administrativo que determinará o órgano de selección nmediatamente antes do comezo do exercicio, relativo ás tarefas administrativas propias da subescala. Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos.

Non se permitirá o manexo de textos comentados, libros de formularios nin de dispositivos dixitais. Neste exercicio avaliarase a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas presentados. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e puntuarase de cero (0) a vinte (20) puntos; é necesario para superalo obter unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro exercicio.- De carácter igualmente obrigatorio, aínda que a falta de superación do mesmo non impedirá o nomeamento

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que manifesten ou acrediten posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado

A cualificación dos dous primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; queda eliminado o /a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles

.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DE PARTICIPACIÓN

A solicitude dirixirase á Excma. Alcaldía-Presidente do Concello de Vigo e presentarase no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia deberá achegarse unicamente a documentación especificamente referida na Base II anterior (“Condicións dos aspirantes e acreditación documental”).

Así mesmo tamén poderase presentar nas demais formas que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

PRAZO  ¡¡¡¡¡ ATA O 11 DE OUTUBRO !!!!

VER TEMARIO E BASES COMPLETAS NO BOPPO QUE SE ADXUNTA