Bolsa Interinidades AUXILIAR ADMINISTRATIVOS/AS. Concello de Bueu

CONCELLO DE BUEU.

BOLSA DE INTERINIDADES DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

No Boletín Oficial de Pontevdra ( BOPPO) do Luns 16 de abril de 201,  o Concello de Bueu, convoca unha bolsa de interinidades de AUXILIAR ADMINISTRATIVO de Administración Xeral

OBXECTO DA CONVOCATORIA :selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos de administración xeral do concello de Bueu por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia cando a prestación do servizo non sexa posible con funcionarios/as de carreira do Concello de Bueu e concorra outras circunstancias

CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS OBXECTO DA CONVOCATORIA:

Denominación do posto: Auxiliar administrativo.

– Administración: Concello de Bueu.

–  Escala, subescala e categoría: Administración Xeral. Administrativa de

administración xeral. Auxiliar administrativa.

– Subgrupo: C2.

– Titulación: Graduado escolar, formación profesional de primer grado ou equivalente.

– Adscrición temporal: Os aspirantes que formen parte da bolsa deberán efectuar as tarefas previstas para estas prazas legalmente, prestando apoio no desenvolvimiento das funcións encomendadas ó departamento administrativo no que queden adscritos

SISTEMA DE SELECCIÓN : OPOSICIÓN LIBRE

REQUISITOS DOS ASPIRANTES: Entre outros

Titulación: Estar en posesión ou en condición de obter, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, o título de Graduado Escolar o equivalente,

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e das bases reguladoras no BOP de Pontevedra (BOP.PO). ATA O 30 DE ABRIL

Para ser admitido será necesaria a presentación, xunto coa solicitude de participación debidamente cumprimentada e asinada, da seguinte documentación:

  • Fotocopia simple do DNI, N.I.E, ou pasaporte con plena vixencia
  • Ademais os aspirantes que así o desexen poderán neste momento achegar o certificado CELGA 3 ou equivalente,

PROBAS SELECTIVAS

O procedemento de selección consistirá en probas de coñecementos xerais e/ou específicos teóricos e prácticos para a comprobación dos coñecementos e a capacidade analítica dos aspirantes, expresados de forma escrita ou en forma test na realización de exercicios que demostren a posesión de habilidades e destrezas segundo a natureza e funcións do posto de traballo que vaian desenvolver de acordo coas presentes bases.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I das presentes bases

DESCRICIÓN DAS PROBAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO

O procedemento selectivo consistirá na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios

  1. a) Proba teórico-práctica. (obrigatorio e eliminatorio)

Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será correcta correspondentes ao temario que figura no Anexo I adxunto ás presentes bases.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 5 puntos. Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará un tercio da puntuación de cada pregunta acertada, non puntuándose as non contestadas

  1. b) Coñecemento da lingua galega.

Constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán ao galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego ao castelán proposto polo tribunal.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e, para superalo, será necesario obter o resultado de apto. Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 3 ou equivalente

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS

O anuncio do comezo das probas selectivas publicarase no Taboleiro electrónico de anuncios do Concello (https://bueu.sedelectronica.gal), con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio

 ANEXO I – T E M A R I O

Tema 1.—A Constitución española de 1978. principios xerais e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais.

Tema 2.—Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e análise do seu contido.

Tema 3. O acto administrativo. Concepto. Requisitos: Motivación e forma. A eficacia. A notificación.

Tema 4.—Principios de actuación e funcionamento do sector público na Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector publico

Tema 5.—O procedemento administrativo; Iniciación, ordenación e instrución. A terminación:A obriga de resolver. A falta de resolución expresa: O réxime do silencio administrativo.

Tema 6.—O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O termo municipal. O empadroamento. Organización municipal. Competencias municipais.

Tema 7.—O Goberno municipal: clases de órganos. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos. O Rexistro de documentos.

Tema 8.—A potestade regulamentaria local: As ordenanzas e os regulamentos. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Normativa municipal do concello de Bueu.

Tema 9. Réxime xurídico dos contratos do sector público. Clases de contratos. Actuacións preparatorias nos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos

Tema 10. O patrimonio das entidades locais. Os bens das entidades locais: clases e réxime xurídico

Tema 11. A responsabilidade da Administración Pública. O procedemento administrativo en materia de responsabilidade.

Tema 12. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de consesión de licenzas e autorizacións.

Tema 13. Emprego público local. Normativa básica estatal e normativa autonómica. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

Tema 14. A Facenda local: clasificación dos recursos. Ordenanzas fiscais. Réxime Xurídico do gasto público local. Os Orzamentos locais.

Tema 15. As formas de acción administrativa: O fomento. As subvencións das Entidades Locais: regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Beneficiarios. Xustificación. Infraccións e sancións en materia de subvencións

MAIS INFORMACION no  BOPPO que se adxunta