CONDUTOR/A MOTOBOMBA ( Inclúe listaxe para sustitucións ou necesidades específicas Anos 2019-2021)

PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA LISTAXE DE CONTRATACIÓN PARA O POSTO DE CONDUTOR/A PARA VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE MOAÑA

 POSTO de condutor/a para o vehículo motobomba destinado/a a participar nas tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais.

 REQUISITOS:  Entre outros, Estar en posesión dos permisos de conducir B e C.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Moaña achegando a seguinte documentación:

-Fotocopia compulsada do DNI.

-Fotocopia compulsada dos permisos de conducir esixidos.

-Fotocopia compulsada do documento de afiliación á Seguridade Social.

-Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que aleguen.

-Declaración xurada de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións inherentes ó posto de traballo e de non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas, nin estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade, que determinen as disposicións vixentes.

 

O PRAZO para presentar as solicitudes será de sete días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das presentes bases no BOP. Do 4 ao 10 de xullo de 2019

  O procedemento selectivo será a través de concurso -oposición.

   FASE CONCURSO . BAREMO:

A puntuación máxima na fase de concurso non poderá superar os 2 puntos, por todos os conceptos, equivalentes ao 20% da puntuación total do proceso.

1.- Experiencia profesional, ata un máximo de 1,4 puntos

2.- Cursos, ata un máximo de 0,6 puntos

 FASE OPOSICIÓN

EXERCICIOS: Os exercicios da oposición, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirán en realizar unha proba práctica relacionada coas funcións que deberá desenvolver.

A proba práctica terá unha puntuación máxima de 8 puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos para superar a fase de oposición

 

A vixencia desta listaxe será ata o 30 de decembro de 2021

 

ver bases en documento adxunto e/ou na web do concellodemoana (en taboleiro)