Convocadas PROBAS LIBRES COMPETENCIAS CLAVE N2 e N3

PROBAS LIBRES COMPETENCIAS CLAVE N2 e N3

A consellería de Economía, Emprego  e Industria,  da  Xunta de Galicia,  convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, no DOG do 26 de febreiro de 2020.

As competencias clave permiten que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

. Comunicación en lingua galega.

. Comunicación en lingua castelá.

. Comunicación en lingua estranxeira (inglés)

.  Competencia matemática.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.

 O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 20 de marzo de 2020.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave será exposto na páxina web. Todas as persoas candidatas deberanse presentar no horario que figura no anexo II

Para a realización das probas as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de identificación de estranxeiros ou do pasaporte.

Tamén deberán levar bolígrafo de tinta de cor azul ou negra. Nas probas de competencia matemática poderase acudir con calculadora.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 20 de marzo de 2020

REALIZACIÓN DAS PROBAS: Os dous niveis N2  e N3  , o SÁBADO DÍA 16 DE MAIO DE 2020 

N2: POLA MAÑÁN, CHAMAMENTO ÚNICO AS 9:00H

N3: POLA TARDE CHAMAMENTO ÚNICO AS 15:30H

 

MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE AXUNTA