ABERTO PRAZO CONVOCATORIA COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 e NIVEL 3. Ata o 29 de marzo

  • Formación
  • Galicia

CONVOCATORIA COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2  e NIVEL 3

No dog do luns 4 de marzo 2019 , a Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3

Esta orde é un instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o Emprego facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

Competencias clave que se convocan

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.

O PRAZO  para presentar solicitudes:  ATA o 29 DE MARZO de 2019!

O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave será exposto na páxina web (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional e-continua?ontent=topic_0145.html) da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

Realización das PROBAS  o 25 de MAIO de 2019

Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar de realización das probas.

– A distribución para a entrada dependerá do número de competencias clave nas que fosen admitidos.

– As listaxes de acceso estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía,Emprego e Industria e nos paneis informativos situados para tal efecto no lugar onde se realicen as probas.

– Todos os candidatos deberán presentarse á hora indicada para ser chamados por orde alfabético

MAIS INFORMACION ABAIXO NO DOG QUE SE ADXUNTA