Convocatoria Cursos de Lingua Galega ( CELGAS) Presenciais e Teleformación

  • Formación
  • Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da  Secretaría Xeral de Política Lingüística,convoca Cursos CELGA.

No Dog do martes 6 de febreiro de 2018, publicase a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1 e 4)

Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Ata o 26 de febreiro 

VER DOG ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO ( ao final están os anexos coa solicitude,  lugares e datas  de impartición dos Celgas,…)

Mais información: técnicos/as de normalización lingüística dos concellos ( no concello de Moaña preguntar por Paula )