Deputación Pontevedra: Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal FUNCIONARIO da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, incluidas na oferta pública de emprego do ano 2015 8ope 2015)

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir plazas vacantes en el cuadro funcionario de la Diputación de Pontevedra, incluidas en la oferta de empleo público del año 2015

El plazo para presentar las solicitudes será de 20 días naturales, contados a partir del día siguiente al de la publicación de la convocatoria en el Boletín Oficial del Estado (BOE), mediante extracto y previa publicación del texto íntegro de las bases y la convocatoria en el BOPPO y el extracto en el Diario Oficial de Galicia ( a data de hoxe pendente da publicación  no BOE) 

RESUME DAS BASES 

boopo 27 xuño 2017

 Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varias prazas de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2015.

 Segunda. Número e características das prazas convocadas

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

—— Unha praza de técnica ou técnico de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica e integrada no grupo A1, por quenda libre

—— Unha praza de técnica ou técnico medio de Contabilidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre

—— Unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre

Terceira. Sistema de selección

O sistema de selección determínase nas bases específicas de cada unha delas.

En función da praza á que opte, as cantidades que se aboarán en concepto de dereitos de exame serán as seguintes

—— Prazas integradas no grupo A1: 35 €

—— Prazas integradas no grupo A2: 30 €

—— Prazas integradas no grupo C2: 20 €

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Características das probas selectivas

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos  xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que vaian desempeñar as persoas seleccionadas Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados conforme o baremo descrito na base décimo terceira das Bases xerais.

Ver bases na web da deputación ou abaixo en documento adxunto