Convocatoria Ingreso Servizo Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais: EMISORISTA/VIXILANTE FIXO/A, BOMBEIRO FORESTAL-CONDUTOR MOTOBOMBA E BOMBEIRO FORESTAL,

No DOG do Luns, 4 de marzo de 2019, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, convoca o  PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NA ESCALA DE AUXILIAR DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, SUBGRUPO C2, nas ESPECIALIDADES de EMISORISTA/VIXILANTE FIXO/A, BOMBEIRO FORESTAL-CONDUTOR MOTOBOMBA E BOMBEIRO FORESTAL, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir duascentas sesenta e nove (269) prazas da escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais,subgrupo C2, polas quendas de acceso libre e promoción interna.

Resérvanse sesenta e seis (66) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna, as prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre

O sistema selectivo é o de concurso-oposición.

REQUISITOS, entre outros Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter a titulación que figura no anexo I e pago de taxas

O PRAZO para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles,contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ata o 2 de abril de 2019

VER DOG COAS BASES DA CONVOCATORIA ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO