CONVOCATORIA NOMEAMENTO INTERINO PERSOAL PROGRAMA “REVITALIZA” DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: 6 técnicos de xestión de residuos municipais e tratamento de  biorresiduos, 2 técnicos de xestión económico-administrativa, 12 mestras/es composteiras/os.

CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DE PERSOAL DIVERSO PARA EXECUTAR O PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL “REVITALIZA” DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

                                   BOPO 15 DE MARZO DE 2017

Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento interino por execución de programas de persoal diverso para executar o plan “Revitaliza”, por razóns de urxencia e inaprazable e necesidade

– O NÚMERO DE POSTOS, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

. 6 postos de persoal técnico de xestión de residuos municipais e tratamento de  biorresiduos, do grupo A2

.  2 postos de persoal técnico de xestión económico-administrativa, do grupo A2

. 12 postos de mestras/es composteiras/os, do grupo C1

– A XORNADA LABORAL común da Deputación de Pontevedra é de 37,5 horas semanais, distribuídas de luns a venres.

– SISTEMA DE SELECCIÓN Establécese o sistema de oposición libre, consistente na realización de tres exercicios relacionados co programa da convocatoria e co posto de traballo que se vaia desempeñar.

– REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES: entre outros

. Dispoñer de carné de conducir tipo B e ter disposición para realizar os desprazamentos aos centros de destino de traballo, considerando o Pazo provincial como centro de orixe.

. Ter ou estar en condicións de obter a titulación esixida nas Bases específicas para cada un dos postos convocados na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

. Ingresar na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Abanca a cantidade fixada como dereitos de exame.

O PRAZO para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). ATA O 30 DE MARZO

En función do posto ao que se opte as cantidades para aboar en concepto dos DEREITOS DE EXAME son as seguintes:

Postos do grupo A2: 30 €

Postos do grupo C1: 25 €

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

VER BASES especificas dos postos cos temarios e outros no bopo do 15 de marzo na web da Deputación de Pontevedra  e/ou abaixo en documento adxunto