Convocatoria Prazas da Conselleria de Educación da Xunta Galicia: MESTRES, INSPECTORES, PROFESORES SECUNDARIA, FP, IDIOMAS, MUSICA etc

No Dog do 13 de marzo de 2020,  a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, convoca procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiail de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

 Prazas convocadas.

10 prazas no corpo de inspectores de educación,

1.041 prazas no corpo de
profesores de ensino secundario,

68 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de
idiomas,

85 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas,

40 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño,

363 prazas no corpo de profesores técnicos deformación profesional

e 747 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia

Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA