CONVOCATORIA PROBAS LIBRES DA ESO 2019 ( Probas Libres para obter o título de Graduado/a Educación Secundaria Obrigatoria)

  • Formación
  • Galicia

No Diario Oficial de Galicia,  Dog,  do xoves  24 de xaneiro de 2019  publicase a convocatoria das probas libres  para obter o título de graduado en educación  secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos ( Graduado ESO).

 RESUMO DO DOG 

CONDICIONS DAS PERSOAS ASPIRANTES, entre outras ter 18 anos o día anterior á celebración da proba e non estar matriculados en adultos nin en Fp básico

 O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas libres se previamente solicita a baixa e renuncia á avaliación por adultos

Os PRAZOS DE MATRÍCULA, 2019 

. Convocatoria de MAIO : do 11 ao 22 de marzo de 2019

 . Convocatoria de SETEMBRO: do 1 ao 8 de   xullo de 2019.

As persoas matriculadas na 1º convocatoria,  se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, se consideran matriculados para a 2º convocatoria

LUGAR DE  MATRÍCULA

Na provincia de Pontevedra en Porriño, Tui, Vilagarcia, Vigo e Pontevedra.

 Indicamos os de Vigo e Pontevedra, que  se distribuirán por distintos centros   educativos clasificados pola letra do 1º apelido.

 . EN  VIGO:

 –  1º apelido entre a letra A e a letra L : Centro EPA  Berbés . Rúa Marqués de Valterra , 8, 1º . Vigo

–  1º apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene. Praza de América. Vigo

 . EN  PONTEVEDRA:

 –  1º apelido entre a letra A e a letra L : Centro EPA Rio Lerez. Avda Buenos Aires , 26. Pontevedra

–  1º apelido entre a letra M e a letra  Z: Ies Frei Martín Sarmiento.  Avda de Vigo, 23, Pontevedra.

DATA   EXAMES 2019 :   24 de MAIO e 6 de SETEMBRO para as respectivas convocatorias

DOCUMENTACIÓN a presentar.

Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:

. Fotocopia do DNI ou pasaporte
. Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias
. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais se fora o caso

REALIZACIÓN DAS PROBAS 2019

As probas celebraranse EN SESIÓNS DE MAÑÁ E TARDE os días  24 de maio e 6 de setembro 2019 para as respectivas convocatorias.

Entre as  8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento .

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO sesión da mañá  das 9.30 ás 12.00 horas,  inclúe exercicios das materias de Matemáticas,  Bioloxía e Xeoloxia, Fisica, Quimica  e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.

 ÁMBITO SOCIAL sesión da mañá  das 12.15 ás 13.15 horas inclúe exercicios das materias de  Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

 ÁMBITO DA COMUNICACIÓN ,Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas,  Comprenderá os exercicios de:

–  Lingua galega e literatura: Exercicio de REDACCIÓN (na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito) e Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

Lingua Castelá e Literatura. Exercicio de REDACCIÓN e Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua estranxeira (inglés ou francés). Exercicio de REDACCIÓN e outros

 

Se queres axuda para preparar estas probas podes anotarte no Servizo de Orientación Laboral no Patronato Municipal Beiramar, para unha sesión formativa e informativa onde se informará sobre os contidos das probas, indicacións e métodos de estudio e se  os gravará un lápiz -usb con toda a documentación necesaria  para obter o graduado en Eso   ( temarios, exames, resúmos, esquemas, webs de interese, etc) . Esta sesión ten unha duración aproximada de 4  horas e é imprescindible inscribirse para poder asistir

MAIS INFORMACION  NO DOG do 24 de xaneiro de 2019 e/ou en secretaria dos centros de matrícula