CONVOCATORIA PROBAS LIBRES DA ESO ( EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA) 2018

  • Formación
  • Galicia

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES DA ESO ( EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA) 2018

Xa está publicado no Dog do martes 23 de xaneiro de 2018 a convocatoria das probas libres  para obter o título de graduado en educación  secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos ( graduado ESO).

CONDICIONS DAS PERSOAS ASPIRANTES, entre outras ter 18 anos o día antetior á celebración da proba e non estrr matriculados en adultos nin en Fp básico

 O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas libres se previamente solicita a baixa e renuncia á avaliación por adultos

Os PRAZOS DE MATRÍCULA, 2018 

. Convocatoria de MAIO : do 12 ao 23 de marzo de 2018

. Convocatoria de SETEMBRO: do 2 ao 9 de   xullo 2018

As persoas matriculadas na 1º convocatoria se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, se consideran matriculados para a 2º convocatoria
LUGAR DE  MATRÍCULA

En Pontevedra e en Vigo, se distribuirán por distintos centros educativos  clasificados pola letra do 1º apelido.

 – En  VIGO:

 –  1º apelido entre a letra A e a letra L : Centro EPA  Berbés . Rúa Marqués de Valterra , 8, 1º . Vigo

–  1º apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene. Praza de América. Vigo

 

– En  PONTEVEDRA:

 –  1º apelido entre a letra A e a letra L : Centro EPA Rio Lerez. Avda Buenos Aires , 26. Pontevedra

–  1º apelido entre a letra M e a letra  Z: Ies Frei Martín Sarmiento.  Avda de Vigo, 23, Pontevedra.

 

DATAS  EXAMES 2018 :   25 de MAIO e 7 de SETEMBRO para as respectivas convocatorias

DOCUMENTACIÓN a presentar.

Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:

. Fotocopia do DNI ou pasaporte
. Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias
. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais se fora o caso

 REALIZACIÓN DAS PROBAS 2018

As probas celebraranse EN SESIÓNS DE MAÑÁ E TARDE os días  25 de maio e 7 de setembro 2017 para as respectivas convocatorias.

Entre as  8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento .

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO sesión da mañá  das 9.30 ás 12.00 horas,  inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza , Bioloxía e Xeoloxia, Fisica, Quimica  e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.

 ÁMBITO SOCIAL sesión da mañá  das 12.15 ás 13.15 horas inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

 ÁMBITO DA COMUNICACIÓN ,Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas,  Comprenderá os exercicios de:

–  Lingua galega e literatura: Exercicio de REDACCIÓN (na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito) e Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

Lingua Castelá e Literatura. Exercicio de REDACCIÓN e Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua estranxeira (inglés ou francés). Exercicio de REDACCIÓN e outros

 

Se queres axuda para preparar estas probas podes anotarte no Servizo de Orientación Laboral no Patronato Municipal Beiramar, para unha sesión formativa e informativa onde se informará sobre os contidos das probas, indicacións e métodos de estudio e se  os gravará un lápiz -usb con toda a documentación necesaria  para obter o graduado en Eso   ( temarios, exames, resúmos, esquemas, webs de interese, etc) . Esta sesión ten unha duración aproximada de 4  horas e é imprescindible inscribirse para poder asistir

MAIS INFORMACION  NO DOG do 23 de xaneiro de 2018 e/ou en secretaria dos centros de matrícula

A ORIENTADORA:   Carmen Pérez García

 

Podes ver o DOG abaixo en documento adxunto