CONVOCATORIA PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE BACHARELATO NO 2018

  • Formación
  • GALICIA

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE BACHARELATO NO 2018

No Dog do  martes 23 de xaneiro de 2018, publicase a convocatoria para  a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2018, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais,

. Os centros onde se pode presentar a solicitude, na provincia de Pontevedra,  son os seguintes:

. Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

. Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:  entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.

Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.

As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

c) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

REALIZACIÓN DA PROBA.

A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 CARACTERÍSTICAS DA PROBA.

 A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.

Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

PRIMEIRO EXERCICIO, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais.

  1. a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
  2. b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
  3. c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II. A partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.
  4. d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.

O SEGUNDO EXERCICIO, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade e itinerario. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.

A persoa aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario que seleccione e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo V.

Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.

NORMAS DE REALIZACIÓN DA PROBA.

Entre as 8.15 e as 830 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. As persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte antes de entrar neles.

A SESIÓN DA MAÑÁ durará das 8.30 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas as dúas linguas, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

Segundo período, das 12.00 ás 13.30 horas: realizaranse os exames correspondentes a Primeira Lingua Estranxeira I  e II ( ingles ou francés) compresión oral con audios e comprension escrita

Terceiro período, das 13.30 ás 14.30 hora:  cuestións de Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os dous exames para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

A SESIÓN DA TARDE dedicarase á realización do exercicio das materias propias de cada modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará de 16.30 a 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario seleccionados.

Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade, correspondente ás materias troncais de opción. As persoas aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións da modalidade de Ciencias.

Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira do exercicio correspondente ás materias troncais de opción de modalidade. As persoas aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as dúas opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias.

AS PERSOAS ASPIRANTES PODERÁN UTILIZAR OS SEGUINTES MATERIAIS NA REALIZACIÓN DA PROBA:

  1. a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
  2. b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
  3. c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.

PUBLICACIÓN DOS RESULTADOS E RECLAMACIÓNS.

O día 4 de maio de 2018 o tribunal fará pública a lista provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Así mesmo, esta lista será accesible no portal web da Conselle­ría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na ligazón http://www.edu.xunta.gal/ portal/node/1238.

Contra a cualificación provisional poderase presentar, na secretaría do centro onde se realizou a proba, reclamación por escrito  nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións, explicando o motivo da reclamación.

Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a lista de cualificacións, que será publicada o día 21 de maio de 2018 no taboleiro de anuncios do IES San Cle­mente de Santiago de Compostela e no portal web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.

Contra a lista definitiva de persoas avaliadas con cualificacións positivas na proba poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a xefatura territorial corres­pondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

VER DOG ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO