Convocatoria varias prazas Persoal Funcionario Deputación de Pontevedra. Acceso libre ( OPes 2017,2018,2019)

BOPO MARTES 22 DE OUTUBRO 2019

PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2017, 2018 E 2019 (CL 2019 S)

convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específica

PRAZAS CONVOCADAS: 

. Unha praza de ENXEÑEIRA OU ENXEÑEIRO DE MOBILIDADE, grupo A1, por quenda libre.

. Unha praza de TÉCNICA OU TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN ECONÓMICA, grupo A2,por quenda libre.

. Dúas prazas de TÉCNICA OU TÉCNICO INFORMÁTICO de nivel 1,G rupo C1, por quenda libre.

. Catro prazas de OFICIALA OU OFICIAL DE CONTROL E VIXILANCIA, persoal de oficios,  grupo C2, por quenda libre.

. Unha praza de OFICIALA OU OFICIAL DE CONTROL E VIXILANCIA, , servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo C1, por quenda libre.

. Unha praza de OFICIALA OU OFICIAL DE COSTURA, servizos especiais, clase persoal de oficios e a no grupo C2, quenda libre. Reservada para persoas con discapacidade intelectual.

SISTEMA DE SELECCIÓN:  determínase nas bases específicas de cada unha delas.

Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG). (  Ata o 20 de novembro) 

 DEREITOS DE EXAME: n función da praza á que opte, as cantidades que se aboen en concepto de dereitos de exame serán as seguintes:

Prazas integradas no grupo A1: 35 €

Prazas integradas no grupo A2: 30 €

Prazas integradas no grupo C1: 25

Prazas integradas no grupo C2: 20 €

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, oque deberán acreditar coa documentación correspondente

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS SELECTIVAS

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as de tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que vaian desempeñar as persoas seleccionadas

O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos. Quedan exentas desta proba as persoas aspirantes ás prazas dos grupos A1, A2 e C1 que acrediten o Celga 4, as prazas dos grupos C2 o Celga 3, outorgándoselles a cualificación máxima (2 puntos).

 

MAIS INFORMACIÓN E   BASES ESPECÍFICAS DE CADA PROCESO SELECTIVO,  A PARTIR DA PAXINA 13 DO BOPPO QUE SE ADXUNTA