Convocatoria VARIOS POSTOS FUNCIONARIOS/AS para a Deputación de Pontevedra. OPE 2016-2017

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2016 e 2017

No Boletín  Oficial da provincia de  Pontevedra ( BOPPO) do martes  29 de Maio de 2018, publicase a convocatoria de varias prazas  de funcionario da OPE ( Oferta pública de emprego)  dos anos 2016 e 2017

RESUMO DA CONVOCATORIA

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS CONVOCADAS

. UNHA PRAZA DE ENXEÑEIRA OU ENXEÑEIRO DE XEOMÁTICA E XEOMETRÍA, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A1, por quenda libre

.UNHA PRAZA DE PSICÓLOGA OU PSICÓLOGO, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A1, por quenda libre

. UNHA PRAZA DE TRABALLADORA OU TRABALLADOR SOCIAL, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre

. UNHA PRAZA DE TÉCNICA OU TÉCNICO EN FORMACIÓN E EMPREGO, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre

. TRES PRAZAS DE TÉCNICA OU TÉCNICO DE LABORATORIO, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda libre

. UNHA PRAZA DE TÉCNICA OU TÉCNICO EN SAÚDE AMBIENTAL, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre

. UNHA PRAZA DE TÉCNICA OU TÉCNICO AUXILIAR DE TRADUCIÓN, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre

. TRES PRAZAS DE OFICIALA OU OFICIAL DE COCIÑA, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo C2, por quenda libre

. DÚAS PRAZAS DE OFICIALA OU OFICIAL DE COMEDOR, encadradas na escala de  Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas nogrupo C2, por quenda libre

. SISTEMA DE SELECCIÓN: O sistema de selección determínase nas bases específicas de cada unha delas.

O PRAZO para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

PUBLICADO NO BOPPO Martes, 29 de maio de 2018  ( ATA O 18 DE XUÑO)

En función da praza á que se opte, as cantidades que se aboarán en concepto de DEREITOS DE EXAME serán as seguintes:

Prazas integradas no grupo A1: 35 €,

Prazas integradas no grupo A2: 30 €

Prazas integradas no grupo C1: 25 €

Prazas integradas no grupo C2: 20 €

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ás persoas interesadas que sexan excluídas definitivamente da lista de persoas admitidas.

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, situación que deberán acreditar coa documentación correspondente.

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS SELECTIVAS

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que vaian desempeñar as persoas seleccionadas

1) Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, e para aprobar cada un dos exercicios deberase obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

No exercicio tipo test penalizaranse as preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta ou a súa parte proporcional.

2) Na avaliación do exercicio correspondente ao tema que se vai desenvolver terase en conta con carácter xeral o nivel de coñecementos, a estrutura e claridade expositiva, a capacidade de raciocinio, e demais criterios que o tribunal cualificador estime oportuno considerar segundo as características da praza convocada.

3) O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego . cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos. Quedan exentas desta proba as persoas aspirantes ás prazas dos grupos A1, A2 e C1 que acrediten o Celga 4 e as prazas do grupo C2 que acrediten o Celga 2. En calquera dos casos outorgaráselles a cualificación máxima (2 puntos).

MAIS INFORMACION ( Requisitos, temarios, solicitude , etc ) no BOPPO que se adxunta