COORDINADOR CULTURAL E DEPORTIVO CONCELLO DE MOAÑA ( contrato relevo)

Bases para a selección dun/ha coordinador/a cultural e deportivo con contrato de remuda 2017

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web, as bases do proceso selectivo para un/ha coordinador/a cultural e deportivo do Concello de Moaña con contrato de remuda.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de 15 días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. do 18 de marzo ao 3 de abril de 2017

 A contratación formalizarase mediante contrato de remuda, a xornada parcial de 28h semanais (75% da xornada) de luns a domingo, e a súa duración será ata o 02/04/2021,

O SISTEMA DE SELECCIÓN para ingresar na praza convocada será o concurso-oposición en quenda libre.

REQUISITOS, entre outros:

título de bacharelato ou ciclo formativo de grao medio de condución de actividades físico-deportivas no medio natural.

BAREMO:

 FASE CONCURSO: Máximo 20 Puntos

–  Experiencia profesional, ata un máximo de 10 puntos:

– Méritos académicos, ata un máximo de 3 puntos:

–  Cursos, ata un máximo de 5 puntos:

 – Cursos de formación en lingua galega, máximo 2 puntos

FASE DE OPOSICIÓN Máximo 80 Puntos

Os exercicios da oposición son os seguintes:

PRIMEIRO EXERCICIO. Exame teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas por pregunta, correspondentes aos contidos do programa común e específico, anexo I, desta convocatoria.

O tempo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a terceira parte da puntuación de cada pregunta acertada e non se puntuarán as preguntas non contestadas.

Cualificarase cunha puntuación de 0 (cero) a 40 (corenta) puntos e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 20 (vinte) puntos.

SEGUNDO EXERCICIO. Proba práctica. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver un suposto práctico relacionado co contido do temario específico, relativo ás tarefas propias da praza e orientado á exposición didáctica da materia e a capacidade de comunicación.

O tempo asignado para realizar esta proba é de 60 minutos. As persoas aspirantes entregaránlle ao tribunal, nun máximo de dúas caras de folio DIN A4 o guión da súa exposición, coas explicacións, tarefas, procedementos, obxectivos, recursos e orzamentos que considere necesarios.

Este exercicio deberá ser exposto obrigatoriamente ante o tribunal. O tribunal poderá, ao final da exposición, solicitarlle á persoa aspirante calquera claración que considere oportuna sobre o suposto práctico desenvolvido ou calquera cuestión relacionada co posto de traballo. Neste exercicio valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos.

Este exercicio será cualificado cunha puntuación de 0 (cero) a 40 (corenta) puntos e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 20 (vinte) puntos.

TERCEIRO EXERCICIO. Proba de coñecemento da lingua galega. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá en realizar unha proba escrita de coñecemento do idioma galego, no tempo máximo de 30 minutos, que determinará o tribunal co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e sen uso de material de apoio.

Cualificarase como apto ou non apto. A persoa aspirante que obteña unha cualificación de “Non apto” nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que se realice para obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír o título CELGA 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez publicada a relación cos resultados de cada unha das probas, as persoas aspirantes disporán dun prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe cos resultados provisionais para facer as alegacións que consideren oportunas.

  ver bases na web do concello de Moaña e/ou nesta web, abaixo en documento adxunto