Curso CULTIVO ECOLÓXICO DE MANZANAS. Gratuito, a distancia e para persoas desempregadas

Curso CULTIVO ECOLÓXICO DE MANZANAS.

Gratuito, a distancia e para persoas desempregadas

 Unións Agrarias – UPA vai impartir o curso “Manexo de cultivo ecolóxico de mazá”. Este curso impartirase en modalidade a distancia, ten unha duración de 100 horas, é totalmente gratuíto e vai dirixido a persoas en situación de desemprego.

No tríptico que achegamos especifícase a temática do mesmo, así como outra información de interese.

O plazo para rematar o curso é o 30 de setembro.

Este curso enmárcase dentro do proxecto REDNAMAN que estamos a levar a cabo a través do Programa Empleaverde. O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo ( FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto connosco a través dos seguintes medios:

Correo-e: formacion.unions@upa.es

Teléfono: 981 530 500

 

Mais información  no triptico que se adxunta