Curso Gratuito MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS ( para persoas ocupadas e desempregadas). MOAÑA

El Siete Interiorismo de Moaña vai organizar un curso de Manipulador/a de alimentos subvencionado polo SEPE. Si tedes algunha persoa interesada, poden poñerse en contacto co dito centro. A prioridade é para persoas ocupadas, pero hai prazas para desempregadas inscritas como demandantes de emprego:

 

 Curso Manipulador/a de alimentos (FCOM01)

 O Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE)  , concedeu o curso MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS(FCOM01) a entidade Mendibil Asoc. Pedagógica en colaboración con El SIETE INTERIORISMO SL de Moaña.

Dirixidos prioritariamente a persoas ocupadas, con prazas para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego

O curso desenvolverase do 14/09/2020 ao 16/09/2020 (10 horas) no local de El Siete Interiorismo SL en Av de Marín num. 4 A de Moaña.

 CONTACTO: 

 Si está interesado/a en dito curso pode poñerse en contacto coa entidade organizadora antes do 28 de agosto de 2020 no correo electrónico emilio@elsieteformacion.com ou chamando o teléfono 986 39 30 34.

 O curso consta de 25 prazas das que 10 poden ser para persoas desempregadas.