Cursos para a DINAMIZACION SECTOR VITIVINICOLA na indicación xeográfica protexida RIBEIRAS DO MORRAZO.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.

Este proxecto consiste nun programa formativo que tentará dinamizar ao sector, e potenciar os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón.

O programa realizarase dende o mes de marzo ata o de xuño, en diferentes localidades do territorio da IXP.

Con este obxectivo, poñémonos en contacto con vostede para convidalo a participar  no programa formativo “Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2019)” que comezará o vindeiro 22 de marzo de 2019.

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que terán unha duración de 71 horas lectivas, inclúen visitas temáticas de traballo e serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo

Inscrición gratuíta no telefono de contacto  986 108 144 ou a través do  correo electrónico administracion@gdrpontevedramorrazo.eu

VER Programa Formativo Abaixo en Documento adxunto