DINAMIZADOR/A DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL. Concello de Moaña

DINAMIZADOR/A DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL PARA O CONCELLO DE MOAÑA. ( Axente TIC) 

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro de anuncios do concello e da páxina web, as bases do proceso selectivo para un/ha dinamizador/a do Plan de Inclusión Dixital 2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 09 ata o 18 de agosto de 2017 no Rexistro do Concello de Moaña.

RESUME DAS BASES : 

proceso selectivo para un/ha dinamizador/a do Plan de Inclusión Dixital 2017.

xornada completa, de luns a venres, para o desenvolvemento do Plan de Inclusión Dixital no eido da administración local para o ano 2017 e a súa duración será ata o 31/12/2017.

As retribucións brutas que se percibirán ascenderán a cantidade de 1.263,50 € ao mes en 12 pagas.

Sistema de selección.O sistema de selección para ingresar na praza convocada será o concurso-oposición en quenda libre.

Requisitos ( entre outros)

– Posuír unha titulación mínima de formación profesional de grao superior.

– Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

–  Non incorrer, coa sinatura do novo contrato e durante o desenvolvemento do mesmo, no suposto de ter estado contratado polo Concello de Moaña por un prazo superior a 24 meses nun período de 30 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo, mediante dous o mais contratos temporais, coas mesmas o diferentes modalidades contractuais de duración determinada.

SOLICITUDES: 

As persoas aspirantes achegarán nas instancias a seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI debidamente compulsada.

-Fotocopia compulsada da titulación esixida, ou no seu defecto, xustificante de ter cumpridos todos os requisitos para a expedición da mesma antes da toma de posesión.

-Fotocopia compulsada da documentación acreditativa da experiencia.

-Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que aleguen.

PRAZO : O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das presentes bases no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP). Publicado o di 8, prazo ata o 18 de agosto 

Sistema de selección:concurso-oposición

A puntuación máxima na fase de concurso non poderá superar os 20 puntos, por todos os conceptos, equivalentes ao 20% da puntuación total do proceso.

A puntuación na fase de oposición será de 80 puntos por todos os conceptos,equivalentes ao 80% da puntuación total do proceso selectivo. Nas bases regularase a cualificación de cada exercicio obrigatorio e eliminatorio, e será necesario para aprobar cada un destes obter unha puntuación mínima do 50% dos puntos posibles.

  Tes as bases e a solicitude abaixo en documento adxunto