INMINENTE  INICIO  DO PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO DO CONCELLO DE MOAÑA ( Formación, Prácticas en empresas e Axuda na Busca de Emprego)

INMINENTE  INICIO  DO PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO DO CONCELLO DE MOAÑA

 ( FORMACION , PRACTICAS E AXUDA NA BUSCA DE EMPREGO )

O Concello de Moaña vai por en marcha un novo Plan Integrado para o Emprego 2017-2018.

Trátase dun programa onde se combina formación específica en Hostelería, Comercio e Almacén, Informática e Idiomas , con prácticas en empresas e asesoramento individual e colectivo para a busca de emprego por conta allea ou propia.

DESTINATARIAS MULLERES , residentes en Moaña e pertencentes algún dos seguintes colectivos:

– Desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación : 30 prazas

– Desempregadas menores de 30 anos ( non incluidas no anterior): 30 prazas

. Desempregadas perceptoras de prestación, subsidios ou da Renda activa de Inserción (Rai): 25 prazas

TOTAL : 85 PRAZAS

ACCIONS A REALIZAR:

En función das características dos candidatos realizaranse diferentes edicións das seguintes accións según demanda:

  1. a) Accións de Información, Orientación e Asesoramento
  2. b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  3. c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  4. d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  5. e) Fomento da capacidade emprendedora.
  6. f) Prospección empresarial.
  7. g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  8. h) Formación para o emprego.

As accións formativas que se pretenden desenvolver estarán relacionadas cos sectores do almacenaxe e xestión loxística, comercio e hostalería, combinando algún módulo específico de formación certificada, con outro tipo de formación para o emprego relacionada coas mesmas.

Sen perxuizo da labor de prospección a realizar no desenvolvemento do programa, a data de hoxe o Concello de Moaña ten asinados sete convenios de colaboración con empresas establecidas na contorna nas que existe a curto prazo posibilidades de contratación para os participantes do Programa Integrado “Emprega Moaña 17 – 18”.

E por iso que a programación formativa a desenvolver será a seguinte :

– Mozo/a de almacén

– Carretilleiro/a

– Preparador/a de Pedidos

– Caixeiro/a – Repoñedor/a

– Dependente/a de Comercio

– Axudante de Camareiro/a

– Axudante de Cociña …

– Outras relacionadas co perfil  e necesidades das participantes

TODAS con  Prácticas profesionais non laborais en empresas

 SELECCIÓN DAS  PARTICIPANTES:

A selección realizarase entre as persoas enviadas pola oficina de emprego para este proxecto.

INTERESADAS: anotarse na oficina de emprego  ao Plan Integrado, Código 930 ( na propia oficina en Cangas  ou a través da oficina virtual da Xunta de Galicia )