LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN. Concello de Pontevedra

BOPPO ( Boletin Oficial da provincia de Pontevedra)  13 ABRIL 2018

CONCELLO DE PONTEVEDRA

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN

Convocatoria para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de técnico medio de xestión, integradas no grupo A, subgrupo A-2, da subescala técnica da escala de Administración xeral, para a execución do programa temporal denominado “PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL PARA LA EJECUCIÓN DE LA ESTRATEGIA DE DESARROLLO URBANO SOSTENIBLE E INTEGRADO DE PONTEVEDRA

 

 REQUISITOS: entre outros,  Estar en posesión do título de diplomado o graduado en una titulación de cualquier rama

O SISTEMA DE SELECCIÓN é o de concurso-oposición.

FASE DE OPOSICIÓN. Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

  1. A) Primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, de carácter práctico, Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar a tarefa ou tarefas que propoña o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario establecido na base sexta, e con respecto as tarefas propias da praza
  2. B) Segundo exercicio sobre coñecemento do idioma galego. Este exercicio será obrigatorio e non eliminatorio para aqueles aspirantes que non acrediten, xunto coa solicitude de participación, o nivel de CELGA 4. Os participantes que si o acrediten non estarán obrigados a efectuar a proba de galego pasando directamente a fase de concurso sen obter puntuación por este exercicio, se ben, voluntariamente poderán presentarse a dita proba se pretenden obter puntuación por este exercicio
  3. C) Terceiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, sobre coñecemento do idioma inglés. O exercicio constará de dúas partes:

Primeira parte, escrita: Consistirá na realización dunha traducción directa, do galego ao inglés no tempo máximo establecido polo tribunal. O tribunal disporá os medios que estime oportunos para garantir o anonimato dos aspirantes na realización do exercicio. — Segunda parte, oral: Consistirá en manter unha conversa en inglés cos membros do tribunal e/ou o persoal asesor ou asesores designado/s no tempo máximo establecido polo tribunal.

FASE DE CONCURSO: méritos academicos, curso experiencia etc ,ver punto 5.2 do BOPPO que sea adxunta

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. ( ata o 23 de abril) 

A presentación das solicitudes poderá facerse a través do rexistro electrónico do Concello de Pontevedra seguindo as indicacións do procedemento 188 do catálogo de procedementos (http:// sede.pontevedra.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml), no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo por telegrama, fax, ou outro medio no mesmo día da súa presentación.

 —CALENDARIO DAS PROBAS E DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DE OPOSICIÓN A data, lugar e hora de celebración da primeira proba que conforma a fase de oposición serán publicadas, na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra e, de forma complementaria, publicaranse na sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal).

VER TEMARIO, ETC NO BOPPO QUE SE ADXUNTA