Ultimas Prazas : Obradoiro gratuito de BANCA e COMERCIO ELECTRONICO da Unión de Consumidores de Galicia.

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, formará a mulleres en novas tecnoloxías a través da actividade Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica. Este obradoiro de oito horas de duración levarase a cabo no Concello de Moaña nas seguintes datas: luns 14, martes 15, martes 22 e mércores 23; en horario de 17:30 a 19:30 horas na Aula de Informática do Patronato Municipal Beiramar (Lugar A Carrasqueira, Tirán).

 

A actividade ten unha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. O número de prazas é limitado.

As inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 (de luns a venres de 10:00 a 15:00 horas) ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

 

Mais información na web https://consumidores.gal/actualidade/obradoiro-banca-comercio-electronico-moana-ucgal/