PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP de Grao Medio e Superior

  • Formación
  • Galicia

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO SISTEMA EDUCATIVO PARA O ANO 2018. ( DOG do xoves 8 de febreiro de 2018)

 . PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

Requisitos das persoas participantes :  Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

–  Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2017/18.

 O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

–  Presentación de solicitudes e documentación: . As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 16 de abril. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 17 ao día 20 de abril, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición

  – Estrutura e organización da proba

Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

– Lingua Castelá.

– Lingua Galega.

– Ciencias Sociais.

b) Parte matemática:

– Matemáticas.

c) Parte científico-técnica.

– Ciencias da Natureza.

– Tecnoloxía.

–  Realización da proba:  As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento

oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR 

Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

 – Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2017/18 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

– Presentación de solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na

cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso

– Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.

Cada parte organizarase en probas de distintas materias conforme o seguinte:

a) Parte común:

– Lingua Galega.

– Lingua Castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das

familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:

– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.

– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía. asignación da sede de realización da proba de acceso.

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo.

Realización da proba

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 19 de abril de 2018, no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu  documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

MAIS INFORMACION EN CENTROS DE FP ( secretaria)

ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO PODES VER O DOG