PROBAS de ACCESO a CICLOS FORMATIVOS de GRAO MEDIO e GRAO SUPERIOR de FORMACIÓN PROFESIONAL do Sistema Educativo para o Ano 2020

  RESUMO do DOGA do venres 7 de Febreiro de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO DE FP

 Requisitos, entre outros :  ter dezasete anos ou facelos no ano natural  da proba

PRAZO SOLICITUDE: entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, modelo do anexo I. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formu­lario normalizado de solicitude, anexo I

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/20.

As persoas in­teresadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «ciclosprobas» (https://www. edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA: Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

  1. a) Parte sociolingüística:

Lingua Castelá.

– Lingua Galega.

– Ciencias Sociais.

 b) Parte matemática:

– Matemáticas.

 c) Parte científico-técnica.

– Ciencias da Natureza.

– Tecnoloxía.

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de abril .Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 14 ao día 17 de abril, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 8 de maio

Realización da Proba de acceso a Ciclos de Grao Medio de FP :    28 de MAIO de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Requisitos, entre outros , ter dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

 PRAZO SOLICITUDES  entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formularionormalizado de solicitude, anexo II.   Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/20. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

ESTRUCTURA DA PROBA

Cada parte organizarase en probas de distintas materias conforme o seguinte:

  1. a) Parte común:

– Lingua Galega.

– Lingua Castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de for­malizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinado:

– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.

– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 6 de marzo Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 9 ao 13 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 27 de marzo.

Realización da Proba de acceso a Ciclos de Grao Superior de FP :  23 de ABRIL de 2020

A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 11 de maio. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 12 ao 15 de maio, A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 1 de xuño.

Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

MAIS INFORMACIÓN VER DOG QUE SE ADXUNTA E/OU NOS IES ( Institutos de Secundaria)  ONDE SE IMPARTA FP