PROBAS LIBRES para obter o Título de BACHARELATO

  • Formación
  • Galicia

Probas Libres para obter o Título de BACHARELATO

NO Dog do 30 xaneiro 2019, publicase a convocatoria para  a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

RESUMO DO DOG: 

CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES, entre outras, Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019.

PRAZO  PRESENTACIÓN  SOLICITUDES:  ENTRE O 25 DE FEBREIRO E O 11 DE MARZO DE 2019.

. OS CENTROS ONDE SE PODE PRESENTAR A SOLICITUDE son os seguintes ( en Pontevedra) :

-Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

–  Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

. CELEBRACIÓN DA PROBA.

A proba celebrarase o día 26 DE ABRIL DE 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela

Características da proba.

1º. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

2º. A proba constará de dous exercicios

O primeiro exercicio, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais,

O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais  xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade  e itinerario.

MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA OU  NA SECRETARIA DOS  CENTROS DA MATRICULA