PROCESOS SELECTIVOS XUNTA GALICIA. Ingreso Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Galicia,: 133 PRAZAS subgrupo A1 e 65 PRAZAS subgrupo A2 ( Acceso Libre )

 No DOGA do Martes, 26 de novembro de 2019, publicanse as seguimnts convocatorias públicas:

. 133  PRAZAS proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1. (  correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, a que se acumulan as provenientes da oferta de 2018)

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

Requisitos das persoas aspirantes, entre outros,  título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.

———————————————————————————————————————————-

. 65 PRAZAS proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2 (  correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2018) ,

Requisitos das persoas aspirantes, entre outros,  título universitario oficial de grao.Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de Enxeñaría Técnica, diplomatura universitaria, Arquitectura Técnica ou equivalente. Considerase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura.

O PRAZO  para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

¡¡ ATA 0 24 de Decembro  !!

Dentro do prazo que se sinala , as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente á Dirección Xeral da Función Pública.

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», e o solicitante deberá dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

 

VER DOG EN DATOS ADXUNTOS