Publicación de datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020

Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C) (DOG núm. 49, do 12 de marzo). Posteriormente, mediante a Resolución do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG núm. 101, do 27 de maio), continuouse o prazo de presentación de solicitudes, que se interrompera tras a declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e adiouse a realización das probas ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0289/datas-realizacion-listaxes-definitivas-persoas-admitidas-nas-probas-celga-2020