SEIS PRAZAS VACANTES DE OPERARIOS interinos no Concello de Porriño

No Boppo  do xoves 16 xullo de 2020, publícanse as Bases para cubrir       SEIS PRAZAS VACANTES DE OPERARIOS interinos no Concello de Porriño

O sistema selectivo é o de oposición

A contratación interina durará mentres non se cubran en propiedade ou se amorticen as devanditas prazas.

REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES, entre outros:

CERTIFICADO DE ESTUDIOS PRIMARIOS ou equivalente.

Estar en posesión do permiso de conducción de clase B

Ter aboada a cantidade de 15,95 euros,

SOLICITUDES:

dirixiranse a Sra. Alcaldesa do Concello do Porriño, e presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), prorrogándose ata o primeiro día hábil seguinte, se o prazo rematase nun día inhábil

Xunto coa solicitude se achegará necesariamente a documentación que se espècifica no punto 6, das bases publicadas no Bopoo  que se adxunta

EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

Primeiro exercicio escrito, obrigatorio e eliminatorio. Consistirá nun  cuestionario tipo test de 20 preguntas con catro respostas alternativas, de entre os temas do temario establecido no Anexo I

Segundo exercicio. Práctico, obrigatorio e eliminatorio: consistirá nin exercicio de carácter práctico e eliminatorio que consistirá na realización dunha ou varias probas de execución práctica ou teórica acordes coas funcións dun operario de obras e servizos (electricidade, xardinería, albanelería, fontanería, etc.),

Terceiro exercicio escrito, obrigatorio e non eliminatorio, sobre coñecemento do idioma galego para os aspirantes non exentos: Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o título CELGA 2,

VER BASES EN DATOS ADXUNTOS