SELECCIÓN ALUMNOS TRABALLADORES OBRADOIRO EMPREGO MOAÑA LABORA IV

De cara á posta en marcha do obradoiro de emprego Moaña Labora IV o Patronato Municipal Beiramar, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, seleccionará nas próximas datas aos candidatos para cubrir 20 postos de traballo de alumnos/as  traballadores/as  do proxecto :

– 10  alumnos/as traballadores/as na especialidade de traballos de carpintería e moble e montaxe de mobles e elementos de carpintería.

– 10  alumnos/as traballadores/as na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Tódolos postos se convocarán a xornada completa. Os contratos para a formación terán unha duración de 9 meses.

Pódense consultar as bases do proceso selectivo no arquivo adxunto.