SELECCIÓN DE 3 CONDUTORES PARA O VEHÍCULO MOTOBOMBA MUNICIPAL DO SERVIZO DE BRIGADA FORESTAL 2017. Concello de Cangas

“SELECCIÓN DE 3 CONDUTORES PARA O VEHÍCULO MOTOBOMBA MUNICIPAL DO SERVIZO DE BRIGADA FORESTAL 2017. ( Publicado no Boppo  do 2 de agosto de 2017)

A presentación de instancias será de 10 días hábiles, do 03/08/2017 ata o 17/08/2017″

O sistema de selección será o de oposición.

  REQUISITOS, entre outros: 

-Estar en posesión do carné C en vigor.

– Ter satisfeito as taxas por dereitos de exame (  A cantidade a aboar son 8,52 €.( deberá facerse previa obtención da correspondente folla de liquidación na Tesourería do Concello)

Xunto coa instancia no modelo oficial presentarase o resgardo acreditativo do pagamento das taxas, fotocopia simple do DNIA non presentación de calquera destes documentos será motivo de exclusión.

Aqueles aspirantes que queiran quedar exentos da proba de galego presentarán ademais a documentación que segundo a base relativa a esta proba dá dereito a esta exención

A oposición consistirá na realización dos seguintes exercicios:

PROBA PRÁCTICA

Os aspirantes a condutor quedan convocados para a realización da proba práctica, de carácter eliminatorio, na que se valorarán a experiencia e correcto manexo e manobras, nas condicións esixidas polo Tribunal do camión motobomba municipal e accesorios do mesmo, así como as condicións físicas axeitadas dos aspirantes. O Tribunal poderá formular preguntas relativas ao exercicio das funcións como condutor de camión motobomba. A puntuación máxima na proba práctica será de 98 puntos sendo necesario obter 49 puntos para entender superada a mesma.

PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

proba de coñecemento da lingua galega de carácter non eliminatorio que consistirá na tradución castelán-galego e/ou galego-castelán dun texto proposto polo tribunal de non menos de cinco liñas. A proba valorarase de 0 a 2 puntos.

Quedarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten estar en posesión do Certificado en Lingua Galega – nivel 2 (CELGA 2) ou superior

tes  ver bases completas  e solicitude na web do concello de cangas ( en negociado de persoal) 

Tamén podes ver  as bases  abaixo en documento adxunto