SELECCIÓN EQUIPO DIRECTIVO OBRADOIRO EMPREGO MOAÑA LABORA IV

De cara á posta en marcha do obradoiro de emprego Moaña- Labora IV o Patronato Municipal Beiramar, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, seleccionará nas próximas datas os seguintes postos de traballo para o equipo directivo do proxecto:

– Unha persoa directora

– Unha persoa titora

– Unha persoa experta docente en traballos de carpintería e moble e montaxe de mobles e elementos de carpintería.

– Unha persoa experta docente en actividades auxliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Tódolos postos se convocarán a xornada completa. Os contratos terán unha duración de 9 meses.

Pódense consultar as bases do proceso selectivo no arquivo adxunto.