SELECCIÓN PARTICIPANTES PROGRAMA INTEGRADO “EMPREGA MOAÑA 18-19”

Un ano máis a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu ó Concello de Moaña a subvención para o desenvolvemento do Programa Integrado de Emprego “EMPREGA MOAÑA 18-19”.

 

Nos próximos 12 meses participarán un total de 100 mulleres desempregadas e se impartirán as seguintes ACCIÓNS:

  • Asesoramento e orientación laboral.
  • Intermediación laboral.
  • Formación á carta a partir das necesidades detectadas nas empresas.
  • Prácticas profesionais en empresas.
  • Xestión de ofertas de traballo.

 

Existe un compromiso de INSERCIÓN LABORAL dun 40% das participantes.

 

Aquelas persoas interesadas en participar poden contactar co Programa Integrado no teléfono 986 31 42 00 ou enviar un mail a: integrado@patronatobeiramar.org