Selección PERSOAL DOCENTE e TECNICO. Cursos Formación Ocupacional ( AFD). Moaña

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PERSOAL DOCENTE E   TECNICO DOS CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR ( PROGRAMA AFD 2019/2020) .

O Xunta de Goberno do Patronato Municipal “Beiramar” na súa sesión ordinaria celebrada o día 22 de outubro, aprobou as BASES para a selección de persoal DOCENTE e persoal TÉCNICO, do programa AFD 2019/2020.

PRAZAS CONVOCADAS:

-Un experto/a docente en ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDIENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. Código da especialidade: SSCS0208. 

-Un experto/a docente en DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. Código da especialidade: SSCE0110

-Un experto/a docente en ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS. Código da especialidade: COML0309

-Un experto/a docente en MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DOMÓTICOS E INMÓTICOS. Código da especialidade: ELEM0111.

-Un experto/a docente en OPERACIÓNS BÁSICAS DE REVESTIMENTOS LIXEIROS E TÉCNICOS EN CONSTRUCCIÓN. Código da especialidade: EOCJ0311

-Un experto/a docente na competencia clave COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2.

-Un experto/a docente na competencia clave COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2.

-Un experto/a docente na competencia clave COMPETENCIA MATEMÁTICA N2.

-Un experto/a docente na competencia clave COMUNICACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS (INGLÉS) N2.

-Un experto docente en MÓDULOS TRANSVERSAIS para todos os cursos anteriormente mencionados. Módulos transversais: Inserción laboral, sensibilización ambiental e formación para a igualdade.

-Un TÉCNICO coordinador de formación programa AFD 2019/2020. 

  •  VER REQUISITOS, PROCEDEMENTO SELECTIVO E PRAZOS NAS BASES QUE SE ADXUNTAN