Selección PERSOAL OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. Concello de Moaña

 O concello de Moaña convoca proceso selectivo de PERSOAL para a OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE MOAÑA

 RESUMO DAS BASES: : 

Duración do contrato: 4 meses. Do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2019.

Xornada laboral: Xornada completa, 37,5 horas semanais de luns a domingo.

Retribucións: 1.390,60 euros brutos mensuais que inclúe o rateo das pagas extraordinarias.

REQUISITOS, entre outros: Estar en posesión do título de Diplomatura /Grao en Turismo; Ciclo Superior en Guía,Información e Asistencias Turísticas;Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía ou Certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante (Código HOTI0108)

PRAZO para presentar as solicitudes será ata o 15 de maio de 2019 ( ver documentación a entregar no punto 3 das bases que se adxuntan)

SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición en quenda libre.

Primeiro exercicio. Exame tipo test. 70% da puntuación

As preguntas corresponderán coas seguintes materias:

  • Coñecemento dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra.
  • Coñecemento do Concello de Moaña e dos seus recursos turísticos

Segundo exercicio. Entrevista persoal. 30% da puntuación

A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, coñecemento de idiomas, coñecemento dos recursos turísticos da provincia e outras cuestións relacionadas coas tarefas a desenvolver.

MAIS INFORMACIÓN NAS BASES QUE SE ADXUNTAN E/OU NO CONCELLO DE MOAÑA