SOLICITADA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

O Concello de Moaña solicitou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a subvención para o desenvolvemento dunha nova edición do Programa Integrado de Emprego.

A duración de dito Programa sería de 12 meses e participarían un total de 100 persoas desempregadas as cales se beneficiarían de:

  • Asesoramento e orientación laboral individualizada.
  • Intermediación laboral e xestión de múltiples ofertas de traballo.
  • Formación á carta a partir das necesidades detectadas nas empresas.
  • Prácticas profesionais en empresas.

Existe un compromiso de INSERCIÓN LABORAL de como mínimo un 40% das persoas participantes.

Actualmente estase a desenvolver a edición EMPREGA MOAÑA 18-19 que rematará o vindeiro mes de outubro no cal participan tamén 100 persoas. Os resultados son moi satisfactorios xa que cerca do 90% das persoas participantes atoparon un traballo ó longo do mesmo.

Aquelas persoas interesadas en participar nunha nova edición poden contactar co Programa Integrado no teléfono 986 314 200 ou enviar un correo electrónico a: integrado@patronatobeiramar.org