TÉCNICO/A DE TURISMO PARA AS OFICINAS DE TURISMO DE CANGAS

No Bop de Pontevedra do 15 de maio de 2018, publicase a convocatroia  para a selección dun TÉCNICO/A DE TURISMO PARA AS OFICINAS DE TURISMO DE CANGAS

A contratación será de carácter laboral temporal a tempo parcial (75 % da xornada) por un período de tempo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro

REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES, entre outros

Titulación : Técnico superior en Información e Comercialización Turística ou técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas, ou grado ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo.

Taxas: Ter ingresado a taxa para participar no proceso selectivo segundo a correspondente ordenanza fiscal (12,78 euros). (Deberá facerse previa obtención da correspondente folla de liquidación na Tesourería do Concello).

–  Estar desempregado/a ou ser demandante dunha mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

SOLICITUDES, PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR CON ELAS.

PRAZO: no prazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, en horario de atención ao público. PUBLICADO O 15 DE MAIO , PRAZO ATA o 25 de MAIO

Os/ as interesados/as presentarán as súas SOLICITUDES ACOMPAÑADAS DA SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

  • O modelo de instancia que acompaña ás presentes bases debidamente cuberto e asinado.
  • Fotocopia compulsada, por ámbalas dúas caras, do DNI.
  • Fotocopia compulsada do título ou do recibo do depósito do título.
  • Fotocopia compulsada da tarxeta de demandante de emprego en vigor.
  • Resgardo acreditativo de ter satisfeito as taxas.

Toda a documentación non orixinal aportada deberá presentarse debidamente compulsada.

 SISTEMA DE SELECCIÓN.

O proceso selectivo constará de dúas fases a de concurso e a de oposición

FASE DE CONCURSO: Puntuación máxima 4 puntos

FASE DE OPOSICIÓN: Puntuación máxima 6 puntos

  1. Proba de Coñecementos de Galego : Estarán exentas as perosas que presenten Certificado en Lingua Galega – nivel 4 (CELGA 4) ou superior, ou a súa validación, ou a certificación do curso de Lingua Galega de Perfeccionamento. (Achegarase copia compulsada)
  2. Proba de coñecementos prácticos Consistirá na realización dun exame tipo test de 30 preguntas relacionadas co temario que se adxunta nas bases

MAIS INFORMACION NAS BASES QUE SE ADXUNTAN E/OU NA WEB DO CONCELLO DE CANGAS