UN/HA MONITOR/A DEPORTIVO/A 2017.Concello de MOAÑA

Bases para a Selección dun/ha Monitor/a Deportivo/a 2017

Informamos a todas as persoas interesadas que xa están publicadas, no taboleiro de anuncios do concello e da páxina web, as bases do proceso selectivo para un/ha Monitor/a Deportivo/a 2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 09 ata o 18 de agosto de 2017 no Rexistro do Concello de Moaña.

RESUME DAS BASES :

selección para a contratación laboral temporal dunha persoa monitora deportiva a media xornada que imparta as clases de ximnasia de mantemento para as persoas maiores durante o próximo curso 2017-2018.

Requisitos das persoas aspirantes ( entre outros) 

 Estar en posesión, ou en condicións de obtela, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, da titulación de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas, antigo FPII técnico en actividades deportivas ou equivalente  consideraranse titulacións equivalentes a efectos de acceso a de diplomado en maxisterio, especialidade educación física e a de licenciado en ciencias da actividade física e o deporte).

– Non incorrer, coa sinatura do novo contrato e durante o desenvolvemento do mesmo, no suposto de ter estado contratado polo Concello de Moaña por un prazo superior a 24 meses nun período de 30 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo, mediante dous o mais contratos temporais, coas mesmas o diferentes modalidades contractuais de duración determinada.

SOLICITUDES: As persoas aspirantes achegarán nas solicitudes a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI.
  • Fotocopia compulsada do título esixido ou, no seu defecto, xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo.
  • Informe expedido por médico colexiado de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións inherentes ó posto de traballo.
  • Declaración xurada de cumprir os requisitos sinalados na base segunda, apartado e) e f) sen prexuízo no seu caso de ter que acreditalo tamén de xeito documental caso de que así o solicitase o Tribunal.
  • Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que aleguen (títulos, contratos, vida laboral, nóminas…)

PRAZOS:  O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no BOP. ( publicado o 8 de agosto prazo ata o 18 de agosto) 

Procedemento selectivo: O procedemento selectivo será a través de concurso-oposición

A puntuación máxima na fase de concurso non poderá superar os 4 puntos, por todos os conceptos,equivalentes ao 40% da puntuación total do proceso

A puntuación na fase de oposición será de 6 puntos por todos os conceptos, equivalentes ao 60% da puntuación total do proceso selectivo.

Podes ver as bases e a solicitude abaixo en documento adxunto