UNHA PRAZA DE OFICIAL DE IMPRENTA Deputación Pontevedra( interino, quenda libre)

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE UNHA PRAZA DE OFICIAL DE IMPRENTA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir interinamente, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, unha praza de oficial de imprenta, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e subclase de oficiais, con grupo de clasificación C2, por quenda libre

SISTEMA DE SELECCIÓN Establécese o sistema de oposición libre.

REQUISITOS, entre outros:

. Posuír ou estar en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente

. Ingresar na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Abanca ES 17 2080 5401 5731 10106612 a cantidade fixada como dereitos de exame

. SOLICITUDES

.  unha instancia (modelo oficial) dirixida ao deputado delegado de persoal da Deputación de Pontevedra. .  Fotocopia autenticada do documento nacional de identidade en vigor ou da tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de posuír a cidadanía comunitaria.

. Titulación esixida para desempeñar o posto ao que opta.

. Xustificante de pago dos dereitos de exame.

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). ata o 3 de abril

DEREITOS DE EXAME é de 20 €.

Están exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%

 

PROBAS SELECTIVAS

 . PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 20 preguntas con catro respostas alternativas baseadas no contido do programa durante un período de 20 minutos.

Poderán preverse preguntas adicionais de reserva que serán valoradas no caso de que se

anule algunha das 20 preguntas anteriores.

.SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba práctica proposta polo tribunal e relacionada coas materias contidas no programa,no tempo que determine o tribunal.

 .TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal. Este exercicio cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos e están exentas desta proba as persoas aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou superior, ás que se lles outorgará a cualificación máxima (2 puntos).

 

 PROGRAMA DA CONVOCATORIA

Os exercicios da fase de oposición versarán sobre os seguintes temas:

  1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
  1. A provincia: organización e competencias.
  1. Procedementos de impresión.
  1. Máquinas auxiliares de imprenta. Mantemento e manexo: guillotina, alzadora, grampadora, tradadora, pregadora e fendedora.
  1. A tirada. Condicións para obter unha boa impresión. Operacións de control durante a tirada.
  1. Nocións básicas sobre instalación eléctricas, fontanería e xardinería. Discreción e aplicación das ferramentas e utensilios necesarios para a reparación de avarías elementais de emerxencia.
  1. O manipulado na Imprenta. Confección de xogos autocopiativos; talonarios; embuchado de pregos para un libro; encadernación.

MAIS INFORMACION no BOPO do 13de  Marzo de 2017 que se adxunta