Convocatoria PROBAS para obtención dos Certificados de LINGUA GALEGA. CELGAS 1,2,3,4. Ano 2021.

No Dog do 17 de marzo de 2021, publícase a (código de procedemento PL500C). CONVOCATORIA PARA AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2021

PERSOAS DESTINATARIAS.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,nacionais ou estranxeiras

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021,
sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa
correspondente . ATA 0 12 de abril 2021

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

A CONTÍA DA TAXA :  16,59 euros

Mais información: no Dog que se adxunta e/ou no Dpo de Normalización Lingüística do concello de Moaña